17/6/09

O río Tea contaminado



Os puntos vermellos no Tea

Desgraciadamente estamos afeitos a que o río Tea sexa noticia por aspectos negativos. Nalgunha ocasión foi por botar area para algunha praia fluvial “artificial”, ou pola famosa depuradora ponteareá, aínda que, sen lugar a dúbidas, o elemento noticioso recurrente ó río está ligado coa contaminación das súas augas e os impactos medioambientais derivados dela.
Nesta ocasión sae á palestra un informe elaborado pola Axencia Europea do Medio Ambiente no que se fai unha análise das augas de baño a nivel europeo. Pois ben, en Galiza só aparecen dous lugares que acadan o suspenso. Efectivamente son no río Tea ó seu paso por Mondariz e Ponteareas. A contaminación urbana e industrial e un dos grandes problemas do río, ainda que non o único (edificacións á beira do curso fluvial, tala indiscriminada do xa escaso bosque de ribeira, etc)
Compre lembrar que o Tea é un Lugar de Interese Comunitario que está incluído na Rede Natura 2000 pola súa riqueza faunística e florística e que é preciso desenmascarar ós concellos, empresas e axentes que están a masacrar o Tea.

Información sobre o LIC río Tea

Os mapas no estado español

Resumo informe (inglés)

No hay comentarios:

Publicar un comentario