4/7/09

Publicacións libertarias en Galicia

Portada da Civilización enferma

Esta semán chegaron boas novas dende dous puntos de Galicia.
Tralo interesante exemplar denominado "A falacia da sustentabilidade" as/os compañeiras/os do colectivo ourensán Renderén voltan á rúa coa publicación "A civilización enferma" con moitos artigos de interese.
Para ter máis información:
http://renderen.blogspot.com/

Por outra banda, este luns pasado, saiu o número 01 da IV Época do Semanario anarcosindicalista – Información e debate anarquista pontevedrés La Campana. Ademais da editorial, que da conta das novas circunstancias que propician a reaparición da xa veterana revista, destacan a reflexión sobre o conflito do metal na provincia de Pontevedra, a denuncia dunha tramposa proposta ó XVI Congreso da CGT sobre a “Renta básica”, a esixencia do peche da central nuclear de Garoña e, por último, o novo intento de coordinación libertaria en Galicia. Ademais as habituais seccións de cine, poesía, reseña de libros, tablón de anuncios e convocatorias e, como peche, “Huellas libertarias”, referidas neste caso ó albergue autoxestionado de Salecina, nos Alpes suizos.
Podes ver esta información no seguinte enlace:
http://www.cgtgalicia.org/2009/06/ha-salido-la-campana/

No hay comentarios:

Publicar un comentario