10/10/09

1º Concurso "Perlas Ponteareanas"

BASES DO CONCURSO DE PERLAS PONTEAREANAS
  • O presente certame ten como obxecto coñecer e difundir as Perlas Ponteareanas, para fomentar a acción crítica dos cidadáns e a protesta.

  • Entendemos como Perlas Ponteareanas as chapuzas, peculiaridades, curiosidades ou actuacións deste concello sen par. Podes ver algunha desas perlas, para que che sirva de exemplo, accedendo ó noso blog (http://www.lumenegro.blogspot.com/).

  • Poderán presentarse a este certame fotografías, audios, vídeos, textos, debuxos, etc., que garden relación co Concello de Ponteareas e que poidan calificarse como Perlas Ponteareanas. Á perla que envíes, sexa cal sexa o seu formato, se queres podes engadirlle un comentario, un pe de foto, un texto explicativo, etc.

  • Cada participante individual ou colectivo poderá enviar cantos documentos desexe. As perlas serán enviadas cun pseudónimo e cunha maneira de contacto (correo electrónico e/ou teléfono) ó correo electrónico do Ateneo (lumenegro@yahoo.es). De non ser posible, o participante poñerase en contacto co Ateneo a través do correo para acordar a forma de entrega.

  • O prazo de envío de Perlas Ponteareanas será ata o día 31 de decembro de 2009.

  • O xurado que decidirá que perla é a gañadora será a asemblea do Ateneo.

  • O resultado deste concurso coñecerase o día 31 de xaneiro de 2010.

  • O premio será modesto porque o noso orzamento non é tan grande coma o que ten este concello, aínda que tampouco témo-la mesma cantidade de débedas. Consistirá nun lote de libros e camisetas do Ateneo.

  • O material presentado seguirá sendo propiedade do participante, pero o Ateneo poderá facer uso del.

No hay comentarios:

Publicar un comentario