20/12/09

...E SEGUEN CHEGANDO PERLAS



Unhas cantas fotografias a propósito do novo "aparcamento" habilitado na rúa Rosalía de Castro, á altura do número 13. Énchese de auga cando chove, e a árbore que deixaron no medio caeu, non enriba de ninguén máis segue aí no mesmo lugar onde tocou o chan.
A seguinte foto foi tomada na parte traseira da facenda ponteareana, se callar non mediron ben a baranda, vendo que non quedaba moi profesional e que resultaría perigoso se alguén metera o pe no buraco solucionárono cunha reixiña metálica...........

Nas seguintes observamos o cartaz do parque das pombas, no que aparece unha especie de masaxeador, máis achegándonos ó aparello en cuestión algo non remata de convencernos....




A derradeira foto vai dedicada ó flamante vehículo nissan patrol adquirido pra a inexistente protección civil ponteareana, xa de estar parado nunha garaxe atopóuselle unha nova vida como vehículo do departamento de tráfico e changadas varias.

Enviadas por "Josele"

No hay comentarios:

Publicar un comentario