7/12/11

OUTROS USOS DA BIOMASA!!

Recentemente ten aparecido no DOG esta información sobre unha planta de coxeración que emprega biomasa. xa sabiamos das bondades da biomasa...creación de emprego, xeración de electricidade, "limpeza" dos montes, etc. Pero o uso que desconheciamos é da loita contra as pestes...!!!!

O Concello do Vilamarín acordou iniciar un expediente de desprovisión do carácter comunal do predio rústico de monte baixo denominada Mareas da Terra, sito no lugar da Outraldea, na parroquia de Orbán, dunha superficie de dúas hectáreas, vinte e cinco áreas e setenta e cinco centiáreas, de referencia catastral 32013000239317, para dedicala á instalación nela dunha planta de tratamento por gasificación con contaminación cero dos residuos de biomasa obtidos na limpeza dos montes e outros con valoración enerxética integral (electricidade; calor e densificación), con que se pretende ter baixo control e evitar dentro do posible a propagación de incendios e pestes nos montes do municipio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario